MAIOS!!

Ata 2º ESO!! Curso 2019.20.


E xa estamos cos Maios!!! Aínda que este ano non poidamos disfrutar da festa como nos gustaría non imos deixar de intentalo!!! En Música xa están preparando os bailes, a nós nos toca facer unhas fermosas coroas!!!  Podedes realizalas según o titorial que preparei para a ocasión ou facer outros modelos distintos, usade a vosa habilidade e imaxinación... imos facer unhas coroas xeniais!!!




Ramo de flores de cartón

Una buena opción para obsequiar recuerditos en una fiesta o envolver un regalo son las bolsas de papel decoradas por nosotros mismos.    ...

egg carton flowers, photo only - love the multiple layers, soft colors, the beads


flores

flores de papel sencillas para hacer con niños y decorar fiestas ¡Flower Power! Flores de papel crepe para hacer en casa

Figuras divertidas con tiras de papel - Dale Detalles

MARCAPÁXINAS

5º,6º EP e 1º,2º ESO. Curso 2019.20.

Aquí vos deixo o resultado final dos vosos marcapáxinas!!! Agora toca darlles uso toda a tarde, todas as tarde!!!!
 Feliz día do LIBRO!!!!


PROGRAMA RADIOFÓNICO

1º de BAC. Curso 2019.20

E en Historia do Cine e C. Audovisual  estamos co son. A actividade proposta é a realización dun programa radiofónico, estilo radioteatro, no que levaremos un texto a un soporte sonoro. Antes lembrar que este exercicio nos vai servir para corroborar o que xa sabemos, que o son:
aporta maior realismo.
aporta moita información, axudando así aos planos.
que potencia o fóra de campo, xa que o son amplia e suxire espazos e accións que non teñen por qué verse no encuadre. 
que a súa usencia, o silencio, ten tamén un uso expresivo moi importante, xeralmente usado con fins dramáticos.
que o seu uso deu na aparición de novos xéneros (os musicais)..
e que potencia outros: policíacos, comedia, documental histórico e didáctico... 

Lembrade a trascendencia da "Guerra dos mundos", de Orson Welles e o seu impacto na sociedade americana naquel momento, e a súa capacidade para crear unha realidade ao outro lado da radio....

 

Lembrade.....

ELEMENTOS DO SON

A banda sonora dun filme consta de 4 elementos: voz humana, ruidos, música e silencio. Estos elementos pueden ser dixéticos ou extradixéticos, si a fonte emisora pertence ou non ao contexto narrativo. Os dixéticos, pueden ser in (en campo) ou off (fora de campo).

DIÁLOGO: 

- Función formativa.
- Función expresiva

MÚSICA E EFECTOS DE SON

SILENCIO. Inquietante, anticipador, creador de contrastes rítmicos ou estados de ánimo. 

RITMO

EXPRESIVIDADE DO SON:
- Paralelismo sonor, o son corresponde no sentido realista co contido das imaxes.
- Contrapunto sonoro, o son entra en conflito coa imaxe na busca de novos significados.



ACTIVIDADE: PROGRAMA DE RADIOTEATRO.

Imos a narrar unha historia, escolleremos un conto de Isaac Asimov, mestre de relatos de ciencia ficción. Feita a escolla repartiremos o traballo  e os grupos. Gravaremos o texto e recolleremos os sons e efectos especiais necesarios para facer o noso conto sonoro o máis realista posible, Seguro que realizaredes un gran traballo!!

StopMotion

1º Bac. Curso 2019.20


Estou a montar os traballiños que me ides mandando, pero para ir empezando vos deixo que disfrutedes co magnífico stopmotion que realizou Paula L.V. estos pasados días nas súa casa. 

ESPAZO E PERSPECTIVA

5º e 6º de EP. Curso 2019.20.


PARTE I:
ACTIVIDADE: realizar un debuxo no que apliquemos as estratexias explicadas no vídeo para a representación do espazo.




PARTE II: 

ACTIVIDADE I: realización do debuxo dunha paisaxe aplicando a perspectiva cun punto de fuga. 
ACTIVIDADE II: realización dunha composición con corpos volumétricas en perspectiva similares aos seguintes exemplos...




DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Curso 2019.20. TOD@S!

O próximo día 23 de Abril en todo o mundo se celebra o día do libro, e a pesar do confinamento non imos deixar de festexar este día. Os libros son uns elementos imprescindibles nas nosas vidas: transmiten coñecemento, despertan a nosa intelixencia, nos trasladan a lugares e vivencias inimaxinables e dar corpo aos nosos soños e maxinación.

Pois ben, antes de plantexarvos unha actividade para ese día fagamos un pouco de historia:

Sabiades que foi xa en 1926 cando se celebrou a primeira "Festa do Libro Español"? Pois si, aquel ano, o rei Alfonso XIII firmou un Real Decreto o 6 de febreiro de 1926 onde creaba oficialmente tal conmemoración, a data escollida foi o 7 de outubro, porque se pensaba que Cervantes nacera ese día.
Pero catro anos máis tarde se modificaría para facela coincidir coa súa data de finamento, o 23 de abril, día no que tamén morreran Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega (en 1616). 
Este festexo non tardaría en extenderse, e así, a Unesco en 1995, convertiu este día nunha gran festa internacional.

E qué imos facer nós? pois entre outras moitas cousas imos empezar por realizar os nosos propios marcapáxinas, as nosas pequenas pezas artísticas que nos lembren onde continuar no fantástico mundo da lectura.

O tamaño, a técnica, os materiais, todo, a cargo da vosa imaxinación e creatividade, que é moita. De todas formas aquí vos deixo algunhas imaxes para vosa inspiración!










ILUSTRAMOS UNHA HISTORIA

2º ESO. Curso 2019.20

A ilustración dun libro é moito máis que decorar unha páxina, é un recurso gráfico que apoia visualmente o contido dos textos, e a súa orixe se remonta moi lonxe, aos tempos en que este traballo era artesanal, se facía a man, e os artesanos ilustradores ornamentaban os manuscritos. A ilustración, tal e como a coñecemos agora, ten a súa orixe séculos máis tarde, durante o Renacemento coa orixe da imprenta. 
As técnicas empleadas ao longo da historia foron diversas: xilografías,gravados, augafortes, litografías... hoxe xa vos podedes imaxinar que coas ferramentas dixitais e as técnicas artesanais os recursos á hora de realizar ilustracións son moitísimos e moi variados, permitindo aos artistas realizar o seu traballo con gran liberdade..... aquí vos deixo varios exemplos, xa vedes que hai estilos moi dispares....


Ilustración Alexnader Jansson



Ilustración de Lane Smith



Ilustración de Mathilde Aubier

Ilustración de Lucía Be





Ilustraciones de Paula Bonet
Ilustración Pedrita Parker

Ilustración de Agente Morillas (Mamem).


Ilustración André Neves




Ilustración de Emilia Dziubak




Aquí vos deixo un pequeno video, no que podedes disfrutar do proceso de realización dunha ilustración, neste caso a artista se chama María Solias.



E agora vos toca a vós. Debedes realizar tres ilustracións, dun libro que vos guste, pero como estivemos a traballar sobre a teoría da cor a única condición a respetar será que en cada unha delas utilicedes algúns dos esquemas seguintes. Polo demáis a técnica é libre, ao igual que o formato e o estilo, por suposto!!

Esquema acromático
Esquema análogo
Esquema complementario
Esquema monocromático
Esquema primario
Esquema secundario

( ENTRADA SOBRE A COR)

Seguro que ides facer uns traballos fabulosos!!!

AGAMOGRAFÍAS

3º ESO. Curso 2019.20.

Despois de ver gran variedade de ilusións ópticasvos propoño facer este pequeno e sinxelo exercicio, a realización dunha agamografía. Deberedes deseñar dúas imaxes e pegalas de forma alterna. Logo plegalas imaxes a modo de acordeón, fixádeos no seguinte vídeo y nas imaxes:


 




E algún de vós xa fixo algunha! Mirade a de Miguel!




Pintando con palliñas!

Curso 2019.20


.. e un exercicio rápido e vistoso para pasar un bo ratiño! Vos apetece peitear ás vosas personaxes un pouco "ao tolo"? Pois buscade as acuarelas e unha palliña. Debuxa unha cara e pinta ao redor, a pintura ten que estar moi licuada para que se espalle ben ao soprar. Sopra e xoga!!!!!







CADERNOS DE ARTISTA


Curso 2019.20



.. a qué é un libro de artista? Pois un libro que non é unha obra literaria, nel o pensamento do artista non se expresa coa palabra como na literatura, se expresa coa linguaxe plástica, a través de imaxes... O seu carácter é totalmente multidisciplinario, se poden aplicar en él todo tipo de técnicas, o que lle confire unha gran personalidade e un escenario case infinito de posibilidades...

Déixovos a continuación un enlace a un blog no que explica pormenarizadamente cal foi a súa orixe e cómo evolucionou ata hoxe. é moi interesante, non deixedes de lelo.

E pola nosa parte, qué vos parece elaborar o noso propio caderno de artista? De aquí ao tempo que dure o confinamento podería resultar moi estimulante recoller os nosos pensamentos e emocións nunha libreta ou caderno. Podedes desde facer bocetos de algo que se vos ocurra ata pegar fotos, ou todo tipo de recordos, unha carta, unha entrada de cine... despois elborade a imaxe, creade, seguro que o resultado será moi interesante. Mirade os exemplos, e que cousas tan fermosas se poden chegar a facer. E coma sempre, o límite a vosa imaxinación....










Pintando árbores con acuarela

Quen se anima?
... para @s que gustades de pintar nos ratiños de lecer.....


 




... a continuación un pequeno titorial no que podedes descubrir uns sinxelos truquiños para conseguir uns efectos fabulosos nas vosas acuarelas...

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Curso 2019.20

Quen se anima?

... a crear unha ilusión óptica coma a dos vídeos?