FLIPBOOKS

1º ESO. Curso 2019.20.


Un flipbook o folioscopio é un xogo óptico, realizado en forma dun pequeno libriño, que contén páxinas debuxadas, nas que unha a unha se vai levando a cabo un pequeno movemento. Ao pasalas rápidamente se crea unha animación e apreciamos o movemento. 
E por qué sucede isto? pois porque a imaxe se proxecta na nosa retina e a información vai ao nervio óptico. O cerebro interpreta esta información e constrúe a imaxe que vemos. Cando o noso cerebro recibe unha rápida sucesión de imaxes reconstrúe as que faltan, creando a ilusión de movemento contínuo.



Agora imos facer nós un!! Facédevos cun taco de pos-it ou cortade varios folios e follas máis pequenas. Nos fará falta tamén unha pinza ou similar par manter ben suxeitas as follas. Agora lápis, paciencia, ilusión e moita imaxinación! Imos descubrir que sae!!!