A COMPOSICIÓN

3º ESO

Imos a plantexar como  os elementos da linguaxe visual e plástica se poden combinar e distribuir nun espazo bidimensional (fotografía, pintura,...) ou nun espazo tridimensional (escultura, arquitectura,...). Igual que na linguaxe musical combinamos notas para crear unha canción e no oral relacionamos letras, sílabas e palabras para formar frases, a linguaxe gráfica-plástica ordea os seus elementos visuais (puntos, líñas, planos, textura, luz e cor) para crear un efecto de unidade e orde. A este proceso organizativo o chamamos composición. Podemos afirmar que compoñer é organizar.

Unha composición é unha disposición dos elementos gráfico-plásticos para crear un todo satisfactorio que presente un equilibrio, un peso e unha harmonía perfecta.

Nunha composición temos que ter en conta tanto os espazos cheos que ocupan as formas coma os valeiros.


https://sites.google.com/view/composicionplastica/introducci%C3%B3n