Xa estamos listos para continuar aprendendo máis sobre a representación do corpo humano. Vimos cómo dende a Antigüedade xa se retrataba ao ser humano e cómo esta visión foi cambiando, evolucionando ou simplemente transformándose a través dos tempos. Nos paramos co gran Leonardo da Vinci, e o seu canon recollido no Home de Vitrubio. É momento de continuar, imos dar un pequeno salto no tempo e parar a principios do século XX, a un momento moi especial, o nacemento do CUBISMO, e como non, a coñecer un pouco máis do maestro PICASSO:
Imos a traballar o debujo en perspectiva, aquí vos deixo os vídeo-titoriais que vimos na clase. Ao final un par de exemplos da actividad que realizaremos: o deseño do noso nome en perspectiva con dous puntos de fuga e con perspectiva frontal.
Un flipbook o folioscopio é un xogo óptico, realizado en forma dun pequeno libriño, que contén páxinas debuxadas, nas que unha a unha se vai levando a cabo un pequeno movemento. Ao pasalas rápidamente se crea unha animación e apreciamos o movemento.
E por qué sucede isto? pois porque a imaxe se proxecta na nosa retina e a información vai ao nervio óptico. O cerebro interpreta esta información e constrúe a imaxe que vemos. Cando o noso cerebro recibe unha rápida sucesión de imaxes reconstrúe as que faltan, creando a ilusión de movemento contínuo.
Agora imos facer nós un!! Facédevos cun taco de pos-it ou cortade varios folios e follas máis pequenas. Nos fará falta tamén unha pinza ou similar par manter ben suxeitas as follas. Agora lápis, paciencia, ilusión e moita imaxinación! Imos descubrir que sae!!!
E xa estamos cos Maios!!! Aínda que este ano non poidamos disfrutar da festa como nos gustaría non imos deixar de intentalo!!! En Música xa están preparando os bailes, a nós nos toca facer unhas fermosas coroas!!! Podedes realizalas según o titorial que preparei para a ocasión ou facer outros modelos distintos, usade a vosa habilidade e imaxinación... imos facer unhas coroas xeniais!!!
E en Historia do Cine e C. Audovisual estamos co son. A actividade proposta é a realización dun programa radiofónico, estilo radioteatro, no que levaremos un texto a un soporte sonoro. Antes lembrar que este exercicio nos vai servir para corroborar o que xa sabemos, que o son:
•aporta maior realismo.
•aporta moita información, axudando así aos planos.
•que potencia o fóra de campo, xa que o son amplia e suxire espazos e accións que non teñen por qué verse no encuadre.
•que a súa usencia, o silencio, ten tamén un uso expresivo moi importante, xeralmente usado con fins dramáticos.
•que o seu uso deu na aparición de novos xéneros (os musicais)..
•e que potencia outros: policíacos, comedia, documental histórico e didáctico...
Lembrade a trascendencia da "Guerra dos mundos", de Orson Welles e o seu impacto na sociedade americana naquel momento, e a súa capacidade para crear unha realidade ao outro lado da radio....
Lembrade.....
ELEMENTOS DO SON
A banda sonora dun filme consta de 4 elementos: voz
humana, ruidos, música e silencio. Estos elementos pueden
ser dixéticos ou extradixéticos, si a
fonte emisora pertence ou non ao contexto narrativo. Os dixéticos, pueden
ser in (en
campo) ou off (fora
de campo).
DIÁLOGO: - Función formativa. - Función expresiva MÚSICA E EFECTOS DE SON SILENCIO. Inquietante, anticipador, creador de contrastes rítmicos ou estados de ánimo. RITMO EXPRESIVIDADE DO SON:
- Paralelismo sonor, o son corresponde no sentido realista co contido das imaxes.
- Contrapunto sonoro, o son entra en conflito coa imaxe na busca de novos significados.
ACTIVIDADE: PROGRAMA DE RADIOTEATRO.
Imos a narrar unha historia, escolleremos un conto de Isaac Asimov, mestre de relatos de ciencia ficción. Feita a escolla repartiremos o traballo e os grupos. Gravaremos o texto e recolleremos os sons e efectos especiais necesarios para facer o noso conto sonoro o máis realista posible, Seguro que realizaredes un gran traballo!!
Estou a montar os traballiños que me ides mandando, pero para ir empezando vos deixo que disfrutedes co magnífico stopmotion que realizou Paula L.V. estos pasados días nas súa casa.