TRAZADOS XEOMÉTRICOS BÁSICOS: ÁNGULOS.

 CONSTRUCCIÓN DUN ÁNGULO IGUAL A OUTRO DADO: 



SUMA E RESTA DE ÁNGULOS: 

BISECTRIZ DUN ÁNGULO: 




BISECTRIZ DUN ÁNGULO CO VÉRTICE FÓRA DAS MARXES DO PAPEL: 




CONSTRUCCIÓN DOS ÁNGULOS DE 90º, 45º, 22,5º,  60º, 30º, E 15º.





TRAZADOS XEOMÉTRICOS BÁSICOS: OPERACIÓNS CON SEGMENTOS.

 

SUMA E RESTA DE SEGMENTOS; 




DIVISIÓN DUN SEGMENTO EN PARTES IGUAIS: TEOREMA DE TALES





DIVISIÓN DUN SEGMENTO EN PARTES PROPORCIONAIS: TEOREMA DE TALES



TRAZADOS XEOMÉTRICOS BÁSICOS. PERPENDICULARIDADE E PARALELISMO.

 

PARALELA A UNHA RECTA POR UN PUNTO EXTERIOR A ELA




PARALELA A UNHA RECTA CUNHA DISTANCIA DADA:




PERPENDICULAR A UNHA RECTA POR UN PUNTO EXTERIOR A ELA; 




PERPENDICULAR A UN SEGMENTO POLO SEU PUNTO MEDIO: MEDIATRIZ.




PERPENDICULAR A UN SEGMENTO POR UN EXTREMO:





PERPENDICULAR A UNHA RECTA POR UN PUNTO CONTIDO NA MESMA:






PROXECTO INTERNIVELAR YAYOI KUSAMA

Cómo o pasamos con este proxecto sobre Yayoi Kusama!! Agardade que vos conto: os nenos e nenas de 6º de EP iniciamos un proxecto de investigación sobre a artista xaponesa Yayoi Kusama. Vimos varios vídeos sobre o seu traballo e investigamos un pouco na súa vida, nos pareceu extraordinaria! Ademáis Félix estivo hai pouco na súa exposición exposición no Gugenheim, así que nos animamos e fixemos unha visita virtual da que nos fixo de guía. 

guggenheim-bilbao.eus/guggenheim-365/visitas-virtuales/visita-virtual-yayoi-kusama

E como estabamos a traballar o punto como mínimo elemento da linguaxe visual e plástica nos atrevimos a reinterpretar algunhas das súas famosas cabazas. 


Algo tan cheo de maxia e diversión tiña que ser compartido, así que decidimos involucrar aos máis pequerrechos do cole no noso proxecto. Lles contamos o conto "Yayoi Kusama: De aquí ao infinito" de Sarah Suzuki e Ellen Weinstein e actuamos sobre unha pequena "obliteration room" que improvisamos na entrada do cole. Os nenos e nenas de Infantil gozaron moitísimo, pero nós aínda máis. Nos encanta traballar cos pequeniños!!



Despois realizamos un pequeno obradoiro colaborativo para lembrar a pegada de yayoi Kusama. Aquí vos deixo a montaxe que fixemos para o instagram do cole:




A pegada colorida de Yayoi Kusama permitiunos traballar:
✔️o estímulo creativo
✔️a interdisciplinaridade
✔️a experiencia sensorial
✔️a aprendizaxe vivencial
✔️a apreciación da Arte contemporánea
✔️a colaboración interxeneracional







DESEÑANDO PERSONAXES

5º EP

Imos deseñar personaxes!! Despois de traballar cómo representar as diferentes emocións no rostro imos deseñar aos nosos propios personaxes. Os dotaremos de personalidade, dun oficio, dun determinado carácter, dunha historia. Aproveitando estos días de lecer vos deixo unha suxerencia para disfrutar do debuxo artistas!! Estou segura de que o resultado será moi moi interesante!!!!!





O GUERNICA DE PICASSO

Imaxes da recreación do Guernica feito na área de Plástica. Realizamos unha interpretación volumétrica con cartón, papel de refugallo e cola. A súa exposición de realizou durante o Entroido en Galén, cun número musical introducido polo alumnado de 4º da ESO, que ía introducindo as pezas durante a danza, pechando cun emotivo alegato musical a favor da paz levado a cabo polo alumnado de 1º e 2º de EP. Deixo enlace para a súa visualización. 


Imos agora ao 26 de abril de 1937. Uns anos difíciles para o noso país, esta data especialmente. Un terrible ataque aéreo cae sobre a cidade de Guernica, no País Vasco. A Lexión Cóndor alemá e a Aviación Lexionaria italiana  son as encargadas do terrible bombardeo que acaba coa vida de gran número de civís. Pablo Picasso vive en París, e ao ser coñecedor de tal terrible acontecemento a repulsa e o seu talento uníronse para crear esta gran obra, símbolo universal , berro poderoso en contra da violencia.
Xa sabes e entendes o por que os personaxes son así representados, coñeces xa moitas características do seu estilo. Presta moita atención e descobre tamén a súa simboloxía e significado: 




Fai uns anos, por mor do 80 aniversario da creación do Guernica, Radio3 e TVE o festexaron cunha homenaxe chea de arte ante o Guernica. Aquí deixo o enlace e un par de mostras que seguro vos gustarán: 









"A BANDA PICASSO"

 1º ESO


1911. A Gioconda é roubada do Louvre, e Picasso e o seu amigo Apollinaire son acusados do roubo. "A banda Picasso" é unha película de Fernando Colomo, un director de cine apaixoado da pintura, que retrata unha parte dun artista xove cos seus amigos, inmerso no nacemento dun novo movemento artístico: o cubismo. 




O alumnado de 1º ESO seguimos a traballar a figura de Picasso, despois de adicarlle o Entroido e interpretar a etapa rosa, imos a introducirnos nunha nova etapa. Despois do visionado da película continuaremos con traballo de investigación. As pistas a seguir no seguinte taboeiro:







PICASSO E AS MENINAS

 

Ano 2023, se cumpren 50 anos do pasamento do gran artista Pablo Picasso. Este ano o alumnado de 6º de EP interpretaremos na súa homenaxe a súa interpretación das Meninas de Velázquez. Despois da elaboración dos nosos traxes seguiremos a traballar. Aquí o taboeiro de tarefas de Lino.it.


TABOEIRO LINO.IT

A FIGURA HUMANA


5º EP

Como dixemos moitas veces en clase, aprender a debuxar é un proceso que comeza cando aprendemos a ver o que a nosa mirada percibe.

Mira esta deusa do Neolítico en Exipto. Non che lembra os teus propios debuxos? Ten os ollos na parte superior da cabeza; cremos que é así pero non é certo. Compróbao unha vez máis no espello: están á metade exacta entre o teu queixo e a parte superior do cranio. A maioría de vós representabades nos vosos primeiros debuxos unha proporción parecida á desta deusa.

En realidade o corpo humano máis común e repetido en todo o mundo, o de calquera adulto, sexa home ou muller, asiático ou suramericano, é dunhas sete cabezas e media.

Curioso, verdade? Entra no enlace e sigue lendo:

 A FIGURA HUMANA


Unha vez vista a website, feito un percorrido pola historia e as diferentes formas de entender a proporción da figura humana imos a realizar unha viaxe no tempo e convertirnos nos súper aprendices do gran mestre Pablo Picasso:

VIAXE NO TEMPO CON PICASSO