Imaxes da recreación do Guernica feito na área de Plástica. Realizamos unha interpretación volumétrica con cartón, papel de refugallo e cola. A súa exposición de realizou durante o Entroido en Galén, cun número musical introducido polo alumnado de 4º da ESO, que ía introducindo as pezas durante a danza, pechando cun emotivo alegato musical a favor da paz levado a cabo polo alumnado de 1º e 2º de EP. Deixo enlace para a súa visualización.
Imos agora ao 26 de abril de 1937. Uns anos difíciles para o noso país, esta data especialmente. Un terrible ataque aéreo cae sobre a cidade de Guernica, no País Vasco. A Lexión Cóndor alemá e a Aviación Lexionaria italiana son as encargadas do terrible bombardeo que acaba coa vida de gran número de civís. Pablo Picasso vive en París, e ao ser coñecedor de tal terrible acontecemento a repulsa e o seu talento uníronse para crear esta gran obra, símbolo universal , berro poderoso en contra da violencia.
Xa sabes e entendes o por que os personaxes son así representados, coñeces xa moitas características do seu estilo. Presta moita atención e descobre tamén a súa simboloxía e significado:
Fai uns anos, por mor do 80 aniversario da creación do Guernica, Radio3 e TVE o festexaron cunha homenaxe chea de arte ante o Guernica. Aquí deixo o enlace e un par de mostras que seguro vos gustarán:
No hay comentarios:
Publicar un comentario