Facendo lapbooks!!

Un LAPBOOK é un tipo de "libro" despregable (coma se fose un tríptico) no que dun xeito visual e creativo podes traballar sobre un tema escollido previamente (unha autobiografía neste caso). O que nos interesou principalmente foi a montaxe, as posibilidades de aplicación so estarán limitadas pola nosa imaxinación!!Os lapbooks en xeral están feitos a partir dunha base de cartón ou cartolina  que nos permiten desenvolver ou expoñer un tema. No interior recollimos debuxos, fotos, obxectos, actividades, esquemas, despregables ... todos relacionados co tema en cuestión, neste caso unha autobiografía. Escollemos un estilo e deixamos voar a nosa imaxinación!!!















DÁLLE A VOLTA!!

O próximo día 6 de outubro se celebra o Día Mundial da Parálise Cerebral. Con este motivo desde Movemento ASPACE se lanzou a campaña de sensibilización “Dale la Vuelta”. Con ela se pretende reivindicar os dereitos das persoas con parálise cerebral, así como dar a coñecer vulneracións de dereitos que este colectivo sofre de cotío.

Unha das accións propostas para dar visibilidade a este colectivo é a de co hashtag #DaleLaVuelta nos fagamos unha foto, lle demos a volta e a publiquemos en redes sociais.

Non queremos deixar de sumarnos, así que hoxe, en Galén, nos damos a volta!

O GRAVADO

1º / 2º ESO

O traballo que realizamos desta vólta foi a realización dun gravado inspirado na obra gráfica de Luis Seoane, a quen se lle adicaban ás Letras Galegas deste ano 2019. 

Nunha entrada anterior visionamos varios documentais que nos ubicaron a este gran artista no seu contexto histórico, social, político e artístico.

Plantexamento da nosa actividade:  partindo de imaxes da obra do autor realizamos dúas técnicas de gravado. O alumnado de 1º da ESO punta seca e 2º da ESO linóleo.









A técnica de punta seca consiste, moi brevemente, en debuxar sobre a plancha cun buril que deixa un surco ou incisión sobre a plancha ou matriz e no que penetrará a tinta. Esta matriz pode ser de distintos materiais: do máis resistente ao máis brando cobre, zinc ou plástico. Nós utilizamos unhas pequenas planchas de cristal plástico, non permite facer moitas copias, pero é un material lixeiro que nos facilitou o calco do debuxo (á inversa, claro) xa que é transparente. 





Unha vez realizado o noso debuxo fomos  preparando o papel, necesita estar humedecido e ser papel específico para gravado. O sumerximos en auga e cando consideramos que estaba ben humedecido quitábamos o exceso de auga deixando o noso papel nunha toalla. Truquiño: o noso papel está listo cando non brilla en ningún sitio, é dicir, está humedecido pero non empapado.





Procedemos ao entintado: usamos tinta á auga para gravado. Para estirar e repartir ben a tinta utilizamos vellas tarxetas de plástico, moi atent@s a que a tinta penetrase ben nas incisións dos nosos debuxos. Retiramos o exceso de tinta coa tarlatana e colocamos as nosas planchas no tórculo para a súa estampación.





Estos son algúns dos resultados:






En 2º da ESO nos animamos coas planchas de linóleo. Para iso tiñamos cada un un xogo de gubias e a nosa plancha de linóleo.




Traballamos a plancha coas gubias: é un material algo duro, así que hai que facer presión e ter moito coidado. Nós a pesar das precaucións tivemos un par de incidentes!!



Extendimos a tinta co rodillo (a parte tallada quedará no branco do papel) e procedimos a entintar para logo estampar. A preparación do papel igual que coa técnica anterior.







 Algúns dos traballos.....






 








A actividade resultou moi ben. Quedaron unhas pezas preciosas!!!!


A FOTOGRAFÍA II

3º ESO

A primeira parte do traballo consiste en retratarnos uns aos outros, xogando coas luces dos focos cos que contamos na aula e tamén, se é necesario, das linternas dos nosos móviles. Usade a vosa imaxinación e sede creativos. Coidade a iluminación e o encuadre. Non deixedes de ver os tutoriais que vos deixei na entrada anterior: FOTOGRAFÍA I

A segunda parte da actividade consiste en fotografiarnos sobre o croma, e realizar fotos artísticas e creativas, aquí o límite a vosa imaxinación. Buscade fondos que vos interesen e logo fotografiarvos para incluíros nel nunha edición posterior. Usaremos o GIMP para editar as imaxes. Aquí vos quedan os primeiros resultados, Alejandro, Mario e Kevin xa comezaron as súas montaxes e estes son os seus excelentes resultados: