O GRAVADO

1º / 2º ESO

O traballo que realizamos desta vólta foi a realización dun gravado inspirado na obra gráfica de Luis Seoane, a quen se lle adicaban ás Letras Galegas deste ano 2019. 

Nunha entrada anterior visionamos varios documentais que nos ubicaron a este gran artista no seu contexto histórico, social, político e artístico.

Plantexamento da nosa actividade:  partindo de imaxes da obra do autor realizamos dúas técnicas de gravado. O alumnado de 1º da ESO punta seca e 2º da ESO linóleo.









A técnica de punta seca consiste, moi brevemente, en debuxar sobre a plancha cun buril que deixa un surco ou incisión sobre a plancha ou matriz e no que penetrará a tinta. Esta matriz pode ser de distintos materiais: do máis resistente ao máis brando cobre, zinc ou plástico. Nós utilizamos unhas pequenas planchas de cristal plástico, non permite facer moitas copias, pero é un material lixeiro que nos facilitou o calco do debuxo (á inversa, claro) xa que é transparente. 





Unha vez realizado o noso debuxo fomos  preparando o papel, necesita estar humedecido e ser papel específico para gravado. O sumerximos en auga e cando consideramos que estaba ben humedecido quitábamos o exceso de auga deixando o noso papel nunha toalla. Truquiño: o noso papel está listo cando non brilla en ningún sitio, é dicir, está humedecido pero non empapado.





Procedemos ao entintado: usamos tinta á auga para gravado. Para estirar e repartir ben a tinta utilizamos vellas tarxetas de plástico, moi atent@s a que a tinta penetrase ben nas incisións dos nosos debuxos. Retiramos o exceso de tinta coa tarlatana e colocamos as nosas planchas no tórculo para a súa estampación.





Estos son algúns dos resultados:






En 2º da ESO nos animamos coas planchas de linóleo. Para iso tiñamos cada un un xogo de gubias e a nosa plancha de linóleo.




Traballamos a plancha coas gubias: é un material algo duro, así que hai que facer presión e ter moito coidado. Nós a pesar das precaucións tivemos un par de incidentes!!



Extendimos a tinta co rodillo (a parte tallada quedará no branco do papel) e procedimos a entintar para logo estampar. A preparación do papel igual que coa técnica anterior.







 Algúns dos traballos.....






 








A actividade resultou moi ben. Quedaron unhas pezas preciosas!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario