Xa estamos listos para continuar aprendendo máis sobre a representación do corpo humano. Vimos cómo dende a Antigüedade xa se retrataba ao ser humano e cómo esta visión foi cambiando, evolucionando ou simplemente transformándose a través dos tempos. Nos paramos co gran Leonardo da Vinci, e o seu canon recollido no Home de Vitrubio. É momento de continuar, imos dar un pequeno salto no tempo e parar a principios do século XX, a un momento moi especial, o nacemento do CUBISMO, e como non, a coñecer un pouco máis do maestro PICASSO:
Imos a traballar o debujo en perspectiva, aquí vos deixo os vídeo-titoriais que vimos na clase. Ao final un par de exemplos da actividad que realizaremos: o deseño do noso nome en perspectiva con dous puntos de fuga e con perspectiva frontal.
Un flipbook o folioscopio é un xogo óptico, realizado en forma dun pequeno libriño, que contén páxinas debuxadas, nas que unha a unha se vai levando a cabo un pequeno movemento. Ao pasalas rápidamente se crea unha animación e apreciamos o movemento.
E por qué sucede isto? pois porque a imaxe se proxecta na nosa retina e a información vai ao nervio óptico. O cerebro interpreta esta información e constrúe a imaxe que vemos. Cando o noso cerebro recibe unha rápida sucesión de imaxes reconstrúe as que faltan, creando a ilusión de movemento contínuo.
Agora imos facer nós un!! Facédevos cun taco de pos-it ou cortade varios folios e follas máis pequenas. Nos fará falta tamén unha pinza ou similar par manter ben suxeitas as follas. Agora lápis, paciencia, ilusión e moita imaxinación! Imos descubrir que sae!!!
E xa estamos cos Maios!!! Aínda que este ano non poidamos disfrutar da festa como nos gustaría non imos deixar de intentalo!!! En Música xa están preparando os bailes, a nós nos toca facer unhas fermosas coroas!!! Podedes realizalas según o titorial que preparei para a ocasión ou facer outros modelos distintos, usade a vosa habilidade e imaxinación... imos facer unhas coroas xeniais!!!
E en Historia do Cine e C. Audovisual estamos co son. A actividade proposta é a realización dun programa radiofónico, estilo radioteatro, no que levaremos un texto a un soporte sonoro. Antes lembrar que este exercicio nos vai servir para corroborar o que xa sabemos, que o son:
•aporta maior realismo.
•aporta moita información, axudando así aos planos.
•que potencia o fóra de campo, xa que o son amplia e suxire espazos e accións que non teñen por qué verse no encuadre.
•que a súa usencia, o silencio, ten tamén un uso expresivo moi importante, xeralmente usado con fins dramáticos.
•que o seu uso deu na aparición de novos xéneros (os musicais)..
•e que potencia outros: policíacos, comedia, documental histórico e didáctico...
Lembrade a trascendencia da "Guerra dos mundos", de Orson Welles e o seu impacto na sociedade americana naquel momento, e a súa capacidade para crear unha realidade ao outro lado da radio....
Lembrade.....
ELEMENTOS DO SON
A banda sonora dun filme consta de 4 elementos: voz
humana, ruidos, música e silencio. Estos elementos pueden
ser dixéticos ou extradixéticos, si a
fonte emisora pertence ou non ao contexto narrativo. Os dixéticos, pueden
ser in (en
campo) ou off (fora
de campo).
DIÁLOGO: - Función formativa. - Función expresiva MÚSICA E EFECTOS DE SON SILENCIO. Inquietante, anticipador, creador de contrastes rítmicos ou estados de ánimo. RITMO EXPRESIVIDADE DO SON:
- Paralelismo sonor, o son corresponde no sentido realista co contido das imaxes.
- Contrapunto sonoro, o son entra en conflito coa imaxe na busca de novos significados.
ACTIVIDADE: PROGRAMA DE RADIOTEATRO.
Imos a narrar unha historia, escolleremos un conto de Isaac Asimov, mestre de relatos de ciencia ficción. Feita a escolla repartiremos o traballo e os grupos. Gravaremos o texto e recolleremos os sons e efectos especiais necesarios para facer o noso conto sonoro o máis realista posible, Seguro que realizaredes un gran traballo!!
Estou a montar os traballiños que me ides mandando, pero para ir empezando vos deixo que disfrutedes co magnífico stopmotion que realizou Paula L.V. estos pasados días nas súa casa.
O próximo día 23 de Abril en todo o mundo se celebra o día do libro, e a pesar do confinamento non imos deixar de festexar este día. Os libros son uns elementos imprescindibles nas nosas vidas: transmiten coñecemento, despertan a nosa intelixencia, nos trasladan a lugares e vivencias inimaxinables e dar corpo aos nosos soños e maxinación.
Pois ben, antes de plantexarvos unha actividade para ese día fagamos un pouco de historia:
Sabiades que foi xa en 1926 cando se celebrou a primeira "Festa do Libro Español"? Pois si, aquel ano, o rei Alfonso XIII firmou un Real Decreto o 6 de febreiro de 1926 onde creaba oficialmente tal conmemoración, a data escollida foi o 7 de outubro, porque se pensaba que Cervantes nacera ese día.
Pero catro anos máis tarde se modificaría para facela coincidir coa súa data de finamento, o 23 de abril, día no que tamén morreran Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega (en 1616).
Este festexo non tardaría en extenderse, e así, a Unesco en 1995, convertiu este día nunha gran festa internacional.
E qué imos facer nós? pois entre outras moitas cousas imos empezar por realizar os nosos propios marcapáxinas, as nosas pequenas pezas artísticas que nos lembren onde continuar no fantástico mundo da lectura.
O tamaño, a técnica, os materiais, todo, a cargo da vosa imaxinación e creatividade, que é moita. De todas formas aquí vos deixo algunhas imaxes para vosa inspiración!
A ilustración dun libro é moito máis que decorar unha páxina, é un recurso gráfico que apoia visualmente o contido dos textos, e a súa orixe se remonta moi lonxe, aos tempos en que este traballo era artesanal, se facía a man, e os artesanos ilustradores ornamentaban os manuscritos. A ilustración, tal e como a coñecemos agora, ten a súa orixe séculos máis tarde, durante o Renacemento coa orixe da imprenta.
As técnicas empleadas ao longo da historia foron diversas: xilografías,gravados, augafortes, litografías... hoxe xa vos podedes imaxinar que coas ferramentas dixitais e as técnicas artesanais os recursos á hora de realizar ilustracións son moitísimos e moi variados, permitindo aos artistas realizar o seu traballo con gran liberdade..... aquí vos deixo varios exemplos, xa vedes que hai estilos moi dispares....
Ilustración Alexnader Jansson
Ilustración de Lane Smith
Ilustración de Mathilde Aubier
Ilustración de Lucía Be
Ilustraciones de Paula Bonet
Ilustración Pedrita Parker
Ilustración de Agente Morillas (Mamem).
Ilustración André Neves
Ilustración de Emilia Dziubak
Aquí vos deixo un pequeno video, no que podedes disfrutar do proceso de realización dunha ilustración, neste caso a artista se chama María Solias.
E agora vos toca a vós. Debedes realizar tres ilustracións, dun libro que vos guste, pero como estivemos a traballar sobre a teoría da cor a única condición a respetar será que en cada unha delas utilicedes algúns dos esquemas seguintes. Polo demáis a técnica é libre, ao igual que o formato e o estilo, por suposto!!
Esquema acromático
Esquema análogo Esquema complementario Esquema monocromático Esquema primario Esquema secundario ( ENTRADA SOBRE A COR) Seguro que ides facer uns traballos fabulosos!!!
3º ESO. Curso 2019.20.
Despois de ver gran variedade de ilusións ópticasvos propoño facer este pequeno e sinxelo exercicio, a realización dunha agamografía. Deberedes deseñar dúas imaxes e pegalas de forma alterna. Logo plegalas imaxes a modo de acordeón, fixádeos no seguinte vídeo y nas imaxes:
E algún de vós xa fixo algunha! Mirade a de Miguel!
.. e un exercicio rápido e vistoso para pasar un bo ratiño! Vos apetece peitear ás vosas personaxes un pouco "ao tolo"? Pois buscade as acuarelas e unha palliña. Debuxa unha cara e pinta ao redor, a pintura ten que estar moi licuada para que se espalle ben ao soprar. Sopra e xoga!!!!!
.. a qué é un libro de artista? Pois un libro que non é unha obra literaria, nel o pensamento do artista non se expresa coa palabra como na literatura, se expresa coa linguaxe plástica, a través de imaxes... O seu carácter é totalmente multidisciplinario, se poden aplicar en él todo tipo de técnicas, o que lle confire unha gran personalidade e un escenario case infinito de posibilidades...
Déixovos a continuación un enlace a un blog no que explica pormenarizadamente cal foi a súa orixe e cómo evolucionou ata hoxe. é moi interesante, non deixedes de lelo.
E pola nosa parte, qué vos parece elaborar o noso propio caderno de artista? De aquí ao tempo que dure o confinamento podería resultar moi estimulante recoller os nosos pensamentos e emocións nunha libreta ou caderno. Podedes desde facer bocetos de algo que se vos ocurra ata pegar fotos, ou todo tipo de recordos, unha carta, unha entrada de cine... despois elborade a imaxe, creade, seguro que o resultado será moi interesante. Mirade os exemplos, e que cousas tan fermosas se poden chegar a facer. E coma sempre, o límite a vosa imaxinación....
Es un proyecto lanzado por el profesorado de Educación artística para su alumnado como iniciativa de apoyo y homenaje para SANITARIOS, CUERPOS DE SEGURIDAD, LIMPIADORES, PERSONAL DE SUPERMERCADOS, TRANSPORTISTAS, etc.
Hagamos un corazón verde 💚 un CORAZÓN DE ESPERANZA para colgarlo en nuestros balcones, ventanas o terrazas. Usa los materiales que tengas en casa y ponle toda tu creatividad.
Las fotos de los 💚 se colgarán en las redes sociales el viernes 27 a partir de las 10:00h y durante todo el día con el hashstag: #SalgamosAdelanteConArte
Artistas del mundo, ¡uníos a la iniciativa! #EducaciónNoSinArtes
Na pasada sesión viramos o documental sobre a cor, a súa "extracción" e importancia no mundo que nos rodea. Vos quería plantexar algunha actividade. Dadas as circunstancias e as posibles limitacións para obter materiais e demáis non podo pedirvos unha actividade en concreto, así que vos deixo unha presentación na que se resumen os contidos deste tema e vos propoño un abano aberto de posibles actividades.
1. Traballo expositivo sobre algún aspecto concreto deste tema (traballo en dixital sobre o círculo cromático, a psicoloxía da cor, etc), unha pequena exposición tipo lapbook sobre algún aspecto da cor, unha montaxe audiovisual...
2. unha pequena animación en stop-motion sobre a mistura de cores...
3. un exercicio plástico, na que se realice unha imaxe con cores cálidas, frías, ou con cores armónicas por analoxía...
4. Algún experimento coa cor (terás que fotografialo o gravalo)....
5. Outras suxerencias...
Contidos da presentación: explicación sobre a natureza e características da cor. Aplicacións.
- O círculo cromático:
· Cores primarias, secundarias e terciarias.
· Cores armónicas e- Cores luz e pigmento.
- Características da color: tono, saturación, luminosidade.
- Armonía e mistura de cores:
· Armonía por valores monocromos.
· Armonía por valores análogos.
· Armonía por contrastes.
· Armonía por relación. Armonía por familias.
· Mezclas aditivas e sustractivas: suma de cores por yuxtaposición.
· Cor e expresión do estado de ánimo.
Despois de ver o documental sobre a sinestesia espero haber despertado o voso interese sobre o fascinante mundo da percepción. Como puidestes comprobar, en ocasións o noso cerebro distorsiona ou modifica a información que percibimos producindo en nós un efecto determinado: agora ímonos centrar na percepción visual e nos seus efectos.
O noso cerebro ás veces falsea esa información, nos fai percibir espazos ou figuras onde non hai, confire movemento a elementos en principio estáticos, distorsiona o tamaño dos obxectos ou nos fai percibir imaxes ou cores onde non existen.
Observa esta imaxe, basada no traballo do psicólogo Akiyoshi Kitaoka, os círculos parecen dar voltas, pero se trata dunha imaxe fixa...
A continuación esta outra ilusión, descuberta polo astrofísico alemán Johann Karl Friedrich Zöllner en 1860. A pesar de que estas rectas son paralelas, parecen inclinarse por influencia das líñas diagonais, deste xeito Zöllner demostrou que o que vemos non sempre "é real"...
E qué pasa coas imaxes ambiguas? o noso cerebro é incapaz de percibir dúas imaxes a un tempo, sempre percibirá unha primeiro e logo a outra (figura/fondo):
Figuras, obxectos imposibles,.... seguro que xa coñecedes obra de Escher....
Outro exemplo, este vos vai gustar, ten que ver coa alteración na percepción da perspectiva. É a chamada "Habitación de Ames", denominada así porque foi o psicólogo estadounidense Adelbert Ames, o que creou unha habitación que parece normal si se ve de frente e no centro, pero que en realidade é trapezoidal: paredes, chan e teito están inclinados. Este sería o plano:
No vos lembra algo??? Claro que si!!! este tipo de "trucos" foron tamén utilizados na rodaxe do "Señor dos Aneis" para establcer a diferencia de tamaño entre os hobbits e os humanos!
A continuación vos deixo un par de enlaces, neles atoparás moitos exemplos e máis información. Non deixedes de entrar e aproveitar o que neles se ofrece:
Estaría ben, e ademáis dadas as circunstancias da corentena, que escollérades vos a actividade. Tedes que aproveitar os recursos que teñades na casa e non me atrevo a pedirvos unha actividade concreta polas limitacións de materiais que poidades ter. Así que vos lanzo estas suxerencias, en principio non debería plantexarvos problema. Tedes liberdade para abordar un traballo sobre ilusións ópticas de calquera outro xeito, eu vos propoño estos pequenos exercicios pero estarei encantada de que vos deixedes levar pola vosa creatividade. A ver que vos parecen:
Non deixedes de compartir os vosos traballos no muro do Edmodo, así tod@s poderemos disfrutar do voso talento e traballo!!!