Despois de ver o documental sobre a sinestesia espero haber despertado o voso interese sobre o fascinante mundo da percepción. Como puidestes comprobar, en ocasións o noso cerebro distorsiona ou modifica a información que percibimos producindo en nós un efecto determinado: agora ímonos centrar na percepción visual e nos seus efectos.
O noso cerebro ás veces falsea esa información, nos fai percibir espazos ou figuras onde non hai, confire movemento a elementos en principio estáticos, distorsiona o tamaño dos obxectos ou nos fai percibir imaxes ou cores onde non existen.
Observa esta imaxe, basada no traballo do psicólogo Akiyoshi Kitaoka, os círculos parecen dar voltas, pero se trata dunha imaxe fixa...
Observa esta imaxe, basada no traballo do psicólogo Akiyoshi Kitaoka, os círculos parecen dar voltas, pero se trata dunha imaxe fixa...
A continuación esta outra ilusión, descuberta polo astrofísico alemán Johann Karl Friedrich Zöllner en 1860. A pesar de que estas rectas son paralelas, parecen inclinarse por influencia das líñas diagonais, deste xeito Zöllner demostrou que o que vemos non sempre "é real"...
E qué pasa coas imaxes ambiguas? o noso cerebro é incapaz de percibir dúas imaxes a un tempo, sempre percibirá unha primeiro e logo a outra (figura/fondo):
Figuras, obxectos imposibles,.... seguro que xa coñecedes obra de Escher....
No vos lembra algo??? Claro que si!!! este tipo de "trucos" foron tamén utilizados na rodaxe do "Señor dos Aneis" para establcer a diferencia de tamaño entre os hobbits e os humanos!
A continuación vos deixo un par de enlaces, neles atoparás moitos exemplos e máis información. Non deixedes de entrar e aproveitar o que neles se ofrece:
ILUSIÓNS ÓPTICAS
CONTIDOS EDUCAREX
Vos animades a facer algunha actividade?
Estaría ben, e ademáis dadas as circunstancias da corentena, que escollérades vos a actividade. Tedes que aproveitar os recursos que teñades na casa e non me atrevo a pedirvos unha actividade concreta polas limitacións de materiais que poidades ter. Así que vos lanzo estas suxerencias, en principio non debería plantexarvos problema. Tedes liberdade para abordar un traballo sobre ilusións ópticas de calquera outro xeito, eu vos propoño estos pequenos exercicios pero estarei encantada de que vos deixedes levar pola vosa creatividade. A ver que vos parecen:
Non deixedes de compartir os vosos traballos no muro do Edmodo, así tod@s poderemos disfrutar do voso talento e traballo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario