8M. DÍA DA MULLER 2020

O pasado 8M festexamos o Día da Muller realizando un vídeo como o do grupo musical "De Vacas", un grupo formado polas artistas galegas Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz , aportando a guitarra Guillermo Fernández .  A peza foi "Rexurdimente", unha fermosa canción que sobre a música de "Malamente" de Rosalía, o grupo "De Vacas" versiona cos versos da nosa universal Rosalía de Castro. Sen dúbida unha fermosa maneira de reivindicar a loita pola igualdade.







No hay comentarios:

Publicar un comentario