A FIGURA HUMANA


En 5º de EP levamos todo o trimestre realizando un traballo en torno ao estudo da figura humana e cómo representala. Inciamos o curso viaxando no tempo e observando cómo o debuxo e representación do noso corpo foi cambiando con devenir dos tempos. Fixemos pequenas paradas, obrigadas, na Grecia clásica e cómo nesta época se establecen uns canons ou medidas para establecer unhas leis de proporción básicas. Continuando a nosa viaxe nos atopamos co gran Leonardo da Vinci e o seu Home de Vitrubio. Nos medimos segundo o seu criterio. 



E xa máis preto dos nosos tempos o gran Picasso e o Cubismo. Disfrutamos moitísimo da lección impartida polo propio Braque e Picasso. 



E estudamos unha das obras máis significativas de Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Mártir Patricio e Clito Ruiz y Picasso: o Guernica!

Si, si, cómo o ledes!!! Este era o nome que figuraba no seu certificado de nacemento!!






Imaxes dos estudo do movemento:






Imaxes do estudo da estructura ósea do noso corpo:




















No hay comentarios:

Publicar un comentario