BREAKOUT. CRONOS VS JONES


 Os breakout educativos son experiencias de aprendizaxe inmersivas e lúdicas onde o alumnado resolve certos retos conectados ao currículo para obter uns códigos secretos que abren unha caixa misteriosa. Interdependencia positiva, responsabilidade individual, interacción cara a cara, habilidades interpersoais, procesamento grupal e en definitiva, aspectos básicos da aprendizaxe cooperativa, se unen a aprendizaxe a través das ferramentas dixitais  e a conexión curricular mediante o xogo.

No curso de 6º de  EP na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual traballamos sobre a historia da animación e coñecido a un dos seus grandes mestres, Ray  Harryhaussen, coñecido polas súas creacións de criaturas fantásticas e  mitolóxicas. As estrañas criaturas de “ Jasón e os  Argonautas”, ou da película  visionada na aula, “Furia de Titáns” de 1970, son algunhas das súas maxistrais obras. O gusto e interese espertado no alumnado favoreceu desenvolver outros temas. O interese suscitado pola mitoloxía grega, os seus monstros, criaturas, deuses e heroes propicia o achegamento a determinadas obras de arte e aos seus artistas. Pezas escultóricas como “ Apolo e Dafne”, ou obras pictóricas como “Ariadna abandoada por Teseo” poden adquirir aos ollos do alumnado unha nova dimensión, e de súpeto, comprensible e fascinante. 

A misión a desenvolver no breakout Cronos VS Jones consiste en conseguir unha clave que abra e desactive unha caixa misteriosa na que o malvado  Cronos esconde unha chave que ten acceso ao TEMPO.  Cronos quere apoderarse do TEMPO e así recuperar un poder que cre que desde unha época ancestral perténcelle. Escapou do seu cadro no Museo do Prado, "Saturno devorando a un fillo" , debe retornar a el e non pode recuperar a reliquia, para iso o noso heroe e compañeiro  Tadeo Jones, solicitará a nosa axuda.  

Xunt@ s deberán superar todas as probas, traballando en equipo e colaborando cos seus compañeir@s, achegando ao grupo o mellor de si mesmos, nun clima de colaboración, confianza, respecto mutuo e intercambio de ideas. Ao finalizar a misión coñecerían, ademais, mitos gregos a través de valiosas  e coñecidas obras de arte, un pouco máis dos artistas que as realizaron, e un maior sentido da estética e apreciación da arte. 

Ariadna, o labirinto do Minotauro, Narciso, Medusa, Apolo e Dafne.... ¡Xogando coa mitoloxía e o arte!













MULLERES ÁRABES LÁPIS EN MAN

 

Arte, os e as artistas e o patrimonio nunca permanecen alleos a realidade e ao contexto ao que pertencen. E aínda así, aínda cando pouco espazo queda para a esperanza, a arte emerxe e se fai sentir. Non deixedes de visionar este breve documental no que a artista e autora tunecina Nadia Khiari, a artista e autora libanesa Lena Merhej, a artista e autora marroquí Zainab Fasiki e a exipcia artista-autora Deena Mohamed, catro mulleres comprometidas, nos abren os seus estudos e comparten connosco o seu talento e a súa loita. A película foi realizada por Lizzie Treu e Eloïse Fagard no 2021.

DESCUBRINDO A LEONARDO

 


Leonardo dá  Vinci foi unha das mentes mestras máis interesantes, emblemáticas e influentes de toda a historia. Moitas veces é catalogado mesmo como o máis grande de todos os tempos e o seu carácter polifacético fai deste home e do seu legado unha temática de enorme interese. Leonardo da  Vinci foi un importante pintor do Renacemento italiano que  incursionou de forma espectacular noutros campos como a anatomía, a arquitectura, a botánica, o debuxo, a escritura, a filosofía, a enxeñería, a música, a poesía e o urbanismo. Con todo, a gran maioría das súas invencións, por diferentes razóns,mantivéronse en segredo durante anos. Na pintura destacouse por traballos como A  Gioconda, A última cea ou o Home de  Vitruvio, mentres que entre as súas invencións podemos atopar algunhas que deron lugar á creación de cousas como o helicóptero, o carro de combate, o submarino ou o automóbil. 

A nosa viaxe para descubrir a esta gran persoaxe histórica comeza co visionado da película "O Código da Vinci", un filme de ficción inspirado na novela de Dan Brown que a través dalgunhas das creacións de Leonardo vai desentrañando un gran misterio. Todo comeza cun terrible asasinato no museo do Louvre..... pero non adiantemos acontecementos. Vexamos a película e logo seguiremos a traballar coa seguinte website: 

WEBSITE DESCUBRINDO A LEONARDO

CÓMO FACER UN HOLOGRAMA

 1º BAC. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL.


Un holograma é unha superficie de dúas dimensións que ten a capacidade de amosar imaxes detalladas de obxectos reais en tres dimensións. A invención do holograma foi obra do físico húngaro Denis Gabor (1900-1979) en 1948. Gabor recibiu o Premio Nobel en 1971 grazas á invención do raio láser en 1960. 

Presta atención a estes vídeos, o que esta tecnoloxía ofrece xa e pode ofrecer no futuro:



Nós imos a realizar uns usando os nosos smartphones. As nosas imaxes serán proxectadas a través dunha pirámide invertida:

  • Debuxamos nunha folla cuadriculada un trapecio isósceles de 1cm e 6 cm de bases e 3,5 cm de altura en vertical.
  • Calcamos 4 trapecios nun acetato e os recortamos.

  • Pegamos os 4 trapecios polos seus lados oblícuos con tiras adhesivas transparentes, pegamento ou silicona.
  • O resultado será unha pirámida truncada invertida como a da seguinte figura.


  • Podes atopar vídeos en Youtube que che sirvan para proxectar buscando "hologramas para pirámide holografía ":


Pero tamén podemos crear as nosas propias bases holográficas. Para elo podemos usar o programa gratuito Vectorian Giotto:  Vídeo demostración uso de Giotto para holograma de EduPlástica de Luz Beloso.

O Vectorian Giotto é un software de animación flash totalmente gratuito.Tutorial Vectorian Giotto

As nosas imaxes deberán ter un fondo negro para unha millor visualización, se necesitásemos editalas podemos usar o programa de edición de imaxe libre Gimp

O resultado deberá ser como os seguintes exemplos:



A COMPOSICIÓN

3º ESO

Na próxima actividade aprenderemos a analizar unha obra de arte, fixádevos no seguinte vídeo, está explicado brevemente pero dunha forma clara e sinxela.



Pero antes de chegar aí imos a coñecer un pouco máis as leis e normas que rixen a composición, esa parte da linguaxe gráfica-plástica que ordea os seus elementos visuais para crear un efecto de unidade e orde, un todo satisfactorio que presente un equilibrio, un peso e unha harmonía perfecta.

Traballaremos sobre o tema a través da website :

https://sites.google.com/view/composicionplastica/introducci%C3%B3n