1º BAC. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL.
Un holograma é unha superficie de dúas dimensións que ten a capacidade de amosar imaxes detalladas de obxectos reais en tres dimensións. A invención do holograma foi obra do físico húngaro Denis Gabor (1900-1979) en 1948. Gabor recibiu o Premio Nobel en 1971 grazas á invención do raio láser en 1960.
Presta atención a estes vídeos, o que esta tecnoloxía ofrece xa e pode ofrecer no futuro:
- Debuxamos nunha folla cuadriculada un trapecio isósceles de 1cm e 6 cm de bases e 3,5 cm de altura en vertical.
- Calcamos 4 trapecios nun acetato e os recortamos.
- Pegamos os 4 trapecios polos seus lados oblícuos con tiras adhesivas transparentes, pegamento ou silicona.
- O resultado será unha pirámida truncada invertida como a da seguinte figura.
- Podes atopar vídeos en Youtube que che sirvan para proxectar buscando "hologramas para pirámide holografía ":
Pero tamén podemos crear as nosas propias bases holográficas. Para elo podemos usar o programa gratuito Vectorian Giotto: Vídeo demostración uso de Giotto para holograma de EduPlástica de Luz Beloso.
O Vectorian Giotto é un software de animación flash totalmente gratuito.Tutorial Vectorian Giotto
As nosas imaxes deberán ter un fondo negro para unha millor visualización, se necesitásemos editalas podemos usar o programa de edición de imaxe libre Gimp.
O resultado deberá ser como os seguintes exemplos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario