Cómo o pasamos con este proxecto sobre Yayoi Kusama!! Agardade que vos conto: os nenos e nenas de 6º de EP iniciamos un proxecto de investigación sobre a artista xaponesa Yayoi Kusama. Vimos varios vídeos sobre o seu traballo e investigamos un pouco na súa vida, nos pareceu extraordinaria! Ademáis Félix estivo hai pouco na súa exposición exposición no Gugenheim, así que nos animamos e fixemos unha visita virtual da que nos fixo de guía.
guggenheim-bilbao.eus/guggenheim-365/visitas-virtuales/visita-virtual-yayoi-kusama
E como estabamos a traballar o punto como mínimo elemento da linguaxe visual e plástica nos atrevimos a reinterpretar algunhas das súas famosas cabazas.
Algo tan cheo de maxia e diversión tiña que ser compartido, así que decidimos involucrar aos máis pequerrechos do cole no noso proxecto. Lles contamos o conto "Yayoi Kusama: De aquí ao infinito" de Sarah Suzuki e Ellen Weinstein e actuamos sobre unha pequena "obliteration room" que improvisamos na entrada do cole. Os nenos e nenas de Infantil gozaron moitísimo, pero nós aínda máis. Nos encanta traballar cos pequeniños!!