DESEÑANDO PERSONAXES

5º EP

Imos deseñar personaxes!! Despois de traballar cómo representar as diferentes emocións no rostro imos deseñar aos nosos propios personaxes. Os dotaremos de personalidade, dun oficio, dun determinado carácter, dunha historia. Aproveitando estos días de lecer vos deixo unha suxerencia para disfrutar do debuxo artistas!! Estou segura de que o resultado será moi moi interesante!!!!!





O GUERNICA DE PICASSO

Imaxes da recreación do Guernica feito na área de Plástica. Realizamos unha interpretación volumétrica con cartón, papel de refugallo e cola. A súa exposición de realizou durante o Entroido en Galén, cun número musical introducido polo alumnado de 4º da ESO, que ía introducindo as pezas durante a danza, pechando cun emotivo alegato musical a favor da paz levado a cabo polo alumnado de 1º e 2º de EP. Deixo enlace para a súa visualización. 


Imos agora ao 26 de abril de 1937. Uns anos difíciles para o noso país, esta data especialmente. Un terrible ataque aéreo cae sobre a cidade de Guernica, no País Vasco. A Lexión Cóndor alemá e a Aviación Lexionaria italiana  son as encargadas do terrible bombardeo que acaba coa vida de gran número de civís. Pablo Picasso vive en París, e ao ser coñecedor de tal terrible acontecemento a repulsa e o seu talento uníronse para crear esta gran obra, símbolo universal , berro poderoso en contra da violencia.
Xa sabes e entendes o por que os personaxes son así representados, coñeces xa moitas características do seu estilo. Presta moita atención e descobre tamén a súa simboloxía e significado: 




Fai uns anos, por mor do 80 aniversario da creación do Guernica, Radio3 e TVE o festexaron cunha homenaxe chea de arte ante o Guernica. Aquí deixo o enlace e un par de mostras que seguro vos gustarán: 









"A BANDA PICASSO"

 1º ESO


1911. A Gioconda é roubada do Louvre, e Picasso e o seu amigo Apollinaire son acusados do roubo. "A banda Picasso" é unha película de Fernando Colomo, un director de cine apaixoado da pintura, que retrata unha parte dun artista xove cos seus amigos, inmerso no nacemento dun novo movemento artístico: o cubismo. 




O alumnado de 1º ESO seguimos a traballar a figura de Picasso, despois de adicarlle o Entroido e interpretar a etapa rosa, imos a introducirnos nunha nova etapa. Despois do visionado da película continuaremos con traballo de investigación. As pistas a seguir no seguinte taboeiro:







PICASSO E AS MENINAS

 

Ano 2023, se cumpren 50 anos do pasamento do gran artista Pablo Picasso. Este ano o alumnado de 6º de EP interpretaremos na súa homenaxe a súa interpretación das Meninas de Velázquez. Despois da elaboración dos nosos traxes seguiremos a traballar. Aquí o taboeiro de tarefas de Lino.it.


TABOEIRO LINO.IT