ALTERACIÓNS DA PERCEPCIÓN

3º ESO. Curso 2019.20

Xa que as circunstancias non nos permiten seguir a traballar no proxecto sobre Christian Villamide podemos traballar o tema de Ilusións Ópticas. Nos próximos días irei engandindo material pero para empezar me gustaría que virades este documental sobre alteracións da percepción, neste caso sobre a sinestesia. "En neurofisioloxía, sinestesia (do grigo συν- syn- , 'xunto', e αἰσθησία aisthesía"sensación") é a asimilación conxunta ou interferencia de varios tipos de sensacións de diferentes sentidos nun mismo acto perceptivo. "E dicir, as personas que teñen esta condición perciben a realidade dunha forma distinta, digamos que algúns dos seus sentidos se entremezclan. Así Kandinsky era capaz de pintar o son, pois vía cores cando escoitaba música ... e non é o único conocido con sinestesia ... Van Gogh, Lady Gaga, Marilyn Monroe, Jimi Hendrix e incluso Kanye West! Espero que vos guste!


A COR

2º ESO. Curso 2019.20

Dado que non podemos continuar co proxecto sobre Christian Villamide imos dar un pequeno salto e traballar o tema da cor. Para empezar me gustaría que virades este documental, é moi interesante, nos fala de cómo fomos capaces de extraer a cor da naturaleza a lo longo da historia. Nos próximos días irei engandindo outras propostas para poder abordarlo. Espero que vos guste!!


!!

Jaume Plensa

4º ESO. Curso 2019.20


Dado que estamos de confinamento e non podemos seguir a traballar no modelado dos nosos torsos na aula imos a coñecer a un gran escultor: Jaume plensa, artista catalán de gran proxección internacional.... Espero que o disfrutedes!!


Imprescindibles: Jaume Plensa



VIRIDIANA

Curso 2019.20. 1º BAC

A seguinte película a visionar en historia do cine vai ser "Viridiana", de Luis Buñuel, unha das mellores cintas do cine español. Mirade, escoitade con detenimiento, receptivos porque sí, unha vez máis unha película en branco e negro, lenta, con moitos diálogos, etc,ets,..... pero maravillosa, chea de simbolismos, significados ocultos, relacións prohibidas. Unha gran historia , en pantalla e fóra dela polo contexto no que se realiza. A historia de Viridiana é a historia dunha novicia que, antes de profesar os seus votos é requerida polo seu rico tío para pasar uns días na finca. Unha vez alí, os sucesos se precipitan e desembocan en traxedia. Isto forza a chegada de Jorge, o primo de Viridiana, así como o dun grupo de indixentes aos que a rapaza decide acoller para exercer a súa particular idea de caridade cristiá.... non deixedes de ler o análise da película, vos aportará moita información e facilitará a comprensión de algunhas escenas. Espero que a disfrutedes!!!


Enlace:

VIRIDIANA dailymotion


ANIMALARIO


Curso 2019/20


Proposta para estes días de confinamento para o alumnado de 5º e 6º de EP: imos traballar as texturas visuais! Para elo imos a crear uns animais fantásticos, unhas criaturas extrañas mesturando distintas especies de animais ou obxectos. Mirade o seguinte vídeo, hai moitos exemplos. Fixádevos na importancia do trazo co lápis, cómo imita a textura da pel, a plumaxe, o pelo.... o traballo coa textura é fundamental para conseguir ese acabado realista. Imos intentalo!!









A FIGURA HUMANA


En 5º de EP levamos todo o trimestre realizando un traballo en torno ao estudo da figura humana e cómo representala. Inciamos o curso viaxando no tempo e observando cómo o debuxo e representación do noso corpo foi cambiando con devenir dos tempos. Fixemos pequenas paradas, obrigadas, na Grecia clásica e cómo nesta época se establecen uns canons ou medidas para establecer unhas leis de proporción básicas. Continuando a nosa viaxe nos atopamos co gran Leonardo da Vinci e o seu Home de Vitrubio. Nos medimos segundo o seu criterio. 



E xa máis preto dos nosos tempos o gran Picasso e o Cubismo. Disfrutamos moitísimo da lección impartida polo propio Braque e Picasso. 



E estudamos unha das obras máis significativas de Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Mártir Patricio e Clito Ruiz y Picasso: o Guernica!

Si, si, cómo o ledes!!! Este era o nome que figuraba no seu certificado de nacemento!!






Imaxes dos estudo do movemento:






Imaxes do estudo da estructura ósea do noso corpo:




















8M. DÍA DA MULLER 2020

O pasado 8M festexamos o Día da Muller realizando un vídeo como o do grupo musical "De Vacas", un grupo formado polas artistas galegas Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz , aportando a guitarra Guillermo Fernández .  A peza foi "Rexurdimente", unha fermosa canción que sobre a música de "Malamente" de Rosalía, o grupo "De Vacas" versiona cos versos da nosa universal Rosalía de Castro. Sen dúbida unha fermosa maneira de reivindicar a loita pola igualdade.







Facendo lapbooks!!

Un LAPBOOK é un tipo de "libro" despregable (coma se fose un tríptico) no que dun xeito visual e creativo podes traballar sobre un tema escollido previamente (unha autobiografía neste caso). O que nos interesou principalmente foi a montaxe, as posibilidades de aplicación so estarán limitadas pola nosa imaxinación!!Os lapbooks en xeral están feitos a partir dunha base de cartón ou cartolina  que nos permiten desenvolver ou expoñer un tema. No interior recollimos debuxos, fotos, obxectos, actividades, esquemas, despregables ... todos relacionados co tema en cuestión, neste caso unha autobiografía. Escollemos un estilo e deixamos voar a nosa imaxinación!!!















DÁLLE A VOLTA!!

O próximo día 6 de outubro se celebra o Día Mundial da Parálise Cerebral. Con este motivo desde Movemento ASPACE se lanzou a campaña de sensibilización “Dale la Vuelta”. Con ela se pretende reivindicar os dereitos das persoas con parálise cerebral, así como dar a coñecer vulneracións de dereitos que este colectivo sofre de cotío.

Unha das accións propostas para dar visibilidade a este colectivo é a de co hashtag #DaleLaVuelta nos fagamos unha foto, lle demos a volta e a publiquemos en redes sociais.

Non queremos deixar de sumarnos, así que hoxe, en Galén, nos damos a volta!