En 5º de EP levamos todo o trimestre realizando un traballo en torno ao estudo da figura humana e cómo representala. Inciamos o curso viaxando no tempo e observando cómo o debuxo e representación do noso corpo foi cambiando con devenir dos tempos. Fixemos pequenas paradas, obrigadas, na Grecia clásica e cómo nesta época se establecen uns canons ou medidas para establecer unhas leis de proporción básicas. Continuando a nosa viaxe nos atopamos co gran Leonardo da Vinci e o seu Home de Vitrubio. Nos medimos segundo o seu criterio.
E xa máis preto dos nosos tempos o gran Picasso e o Cubismo. Disfrutamos moitísimo da lección impartida polo propio Braque e Picasso.
E estudamos unha das obras máis significativas de Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Mártir Patricio e Clito Ruiz y Picasso: o Guernica!
Si, si, cómo o ledes!!! Este era o nome que figuraba no seu certificado de nacemento!!
Imaxes dos estudo do movemento:
Imaxes do estudo da estructura ósea do noso corpo:
O pasado 8M festexamos o Día da Muller realizando un vídeo como o do grupo musical "De Vacas", un grupo formado polas artistas galegas Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz , aportando a guitarra Guillermo Fernández . A peza foi "Rexurdimente", unha fermosa canción que sobre a música de "Malamente" de Rosalía, o grupo "De Vacas" versiona cos versos da nosa universal Rosalía de Castro. Sen dúbida unha fermosa maneira de reivindicar a loita pola igualdade.
Un LAPBOOK é un tipo de "libro" despregable
(coma se fose un tríptico) no que dun xeito visual e creativo podes traballar
sobre un tema escollido previamente (unha autobiografía neste caso). O que nos
interesou principalmente foi a montaxe, as posibilidades de aplicación so
estarán limitadas pola nosa imaxinación!!Os lapbooks en xeral están feitos a
partir dunha base de cartón ou cartolina que nos permiten desenvolver ou
expoñer un tema. No interior recollimos debuxos, fotos, obxectos, actividades,
esquemas, despregables ... todos relacionados co tema en cuestión, neste caso
unha autobiografía. Escollemos un estilo e deixamos voar a nosa imaxinación!!!
O próximo día 6 de outubro se celebra o Día Mundial da Parálise Cerebral. Con este motivo desde Movemento ASPACE se lanzou a campaña de sensibilización “Dale la Vuelta”. Con ela se pretende reivindicar os dereitos das persoas con parálise cerebral, así como dar a coñecer vulneracións de dereitos que este colectivo sofre de cotío.
Unha das accións propostas para dar visibilidade a este colectivo é a de co hashtag #DaleLaVuelta nos fagamos unha foto, lle demos a volta e a publiquemos en redes sociais.
Non queremos deixar de sumarnos, así que hoxe, en Galén, nos damos a volta!
O traballo que realizamos desta vólta foi a realización dun gravado inspirado na obra gráfica de Luis Seoane, a quen se lle adicaban ás Letras Galegas deste ano 2019.
Nunha entrada anterior visionamos varios documentais que nos ubicaron a este gran artista no seu contexto histórico, social, político e artístico.
Plantexamento da nosa actividade: partindo de imaxes da obra do autor realizamos dúas técnicas de gravado. O alumnado de 1º da ESO punta seca e 2º da ESO linóleo.
A técnica de punta seca consiste, moi brevemente, en debuxar sobre a plancha cun buril que deixa un surco ou incisión sobre a plancha ou matriz e no que penetrará a tinta. Esta matriz pode ser de distintos materiais: do máis resistente ao máis brando cobre, zinc ou plástico. Nós utilizamos unhas pequenas planchas de cristal plástico, non permite facer moitas copias, pero é un material lixeiro que nos facilitou o calco do debuxo (á inversa, claro) xa que é transparente.
Unha vez realizado o noso debuxo fomos preparando o papel, necesita estar humedecido e ser papel específico para gravado. O sumerximos en auga e cando consideramos que estaba ben humedecido quitábamos o exceso de auga deixando o noso papel nunha toalla. Truquiño: o noso papel está listo cando non brilla en ningún sitio, é dicir, está humedecido pero non empapado.
Procedemos ao entintado: usamos tinta á auga para gravado. Para estirar e repartir ben a tinta utilizamos vellas tarxetas de plástico, moi atent@s a que a tinta penetrase ben nas incisións dos nosos debuxos. Retiramos o exceso de tinta coa tarlatana e colocamos as nosas planchas no tórculo para a súa estampación.
Estos son algúns dos resultados:
En 2º da ESO nos animamos coas planchas de linóleo. Para iso tiñamos cada un un xogo de gubias e a nosa plancha de linóleo.
Extendimos a tinta co rodillo (a parte tallada quedará no branco do papel) e procedimos a entintar para logo estampar. A preparación do papel igual que coa técnica anterior.
Algúns dos traballos.....
A actividade resultou moi ben. Quedaron unhas pezas preciosas!!!!